-->
Contador de Visitas

domingo, 22 de noviembre de 2009

PARA QUE NON FALTEN RAZÓNS


Xa podedes comprobar neste artigo (agardade a que se abra ben) do "Decano" que Teruca tiña moita razón, así que ... nos sobran os motivos para "cervexear".

O BACALHAU QUER ALHO

Menos mal que temos o youtube, se non que sería das "Rutas sendeiristas", merendas, ceas, etc.
sen Quim Barreiros e o seu Bacalhau, Cabritinha. E non deixedes de probar o Gelado de framboesa.

youtube.com Travolta vs Quim Barreiros - A Cabritinha
youtube.com Quim Barreriros - Cheirar o Bacalhau
youtube.com Daft Punk ft Quim Barreiros
youtube etcetcetc y mas y mas

miércoles, 18 de noviembre de 2009

PROPOSTA DE CANCIÓNS MAMUDAS

Xa podedes botar un ollo á lista de cancións que, camiñando, camiñando e se o corpo e o ánimo acompañan, podemos ir lembrando.


Proximamente pasarase unha enquisa para tantear as vosas preferencias. As que consigan un maior apoio serán declaradas por un xurado competente "CANCIÓNS GALEGAS MAMUDAS 2009-2010". A data da entrega dos galardóns está por ver.

As cancións propostas son:

A rianxeira.
A saia da Carolina.
Ata o mandil.
Cantiga de Pontevedra.
Carmiña, Carmela.
Catro vellos mariñeiros.
E quer que lle quer.
Eu non sei.
Festa no muíño.
O galopín.
O gato.
O son da sega.
Pousa, pousa.
Rosiña.
San Fins de Castro.
Velaí vai


Para quentar motores, faise un adianto da peza "FESTA NO MUÍÑO":
Eu non sei que ten a morena
eu non sei que a morena ten
que todos lle queremos ben
eu non sei que a morena ten

Non sei que ten a morena
non sei que a morena ten
non sei que ten a morena
que todos lle queren ben
que todos lle queren ben (bis)
non sei que ten a morena
non sei que a morena ten

Fun ó muíño con Paula (bis)
fun ó muíño con ela
ela durmiu nos meus brazos
eu durmín nos brazos dela (bis)
¡Aí, la le lo!, ¡aí, le la lo!

Heicho de dar se mo dás, queridiño,
heicho de dar se mo dás, xa verás
heicho de dar con dúas cunchiñas
pra que lle toques o chascarraschás
pra que lle toques o chascarraschás
heicho de dar se mo dás, xa verás.

Heiche de dar o boi branco
e maila vaca marela
e maila filla máis nova
pra que te deites con ela (bis)
¡Aí, la le lo!, ¡aí, le la lo!

E no medio, no medio da ría
ó compás, ó compás do cantare,
o ventiño que viña de lonxe
axudaba ao gaiteiro a tocar(e) (bis)
¡Aí, la le lo!, ¡Aí, la le lo!, ¡aí, le la lo!

Coitadiño do que chora,
coitadiño, coitadiño,
cando as penas son grandes
non se poden botar fóra (bis)
¡Aí, la le lo!, ¡aí, le la lo!

martes, 17 de noviembre de 2009

PHANTON CLUB IN COCERT

Os Tudese-Arxentinos Phanton club. Ofrecerannos un concerto no Teatro Area Panorámica de Tui. Onde xunto co varios artistas invitados, procederan a grabación dun disco conmemoratívo do final da súa última xira.
Non o perdades.